martes, 25 de junio de 2024

Prototipamos un parque inclusivo en 5º e 6º

 Durante o segundo trimestre reflexionamos sobre as barreiras de acceso e barreiras comunicativas. Tamén falamos do dereito da infancia ó xogo e ós espazos públicos. Para iso comparamos os parques actuais, en concreto os parques de Tui con modelos de parque inclusivo, como o que hai proxectado para o Parc accessible de Barcelona. 

Repensamos os parques, a importancia da sombra, dos elementos naturais e tamén como hai pequenos obstáculos que poden supoñer unha gran barreira. 

Así fabricaron: 

- A seesaw (un balancín). 

- A swing (un columpio). 

- A slide (un tobogán). 

- A communicative panel (un paenl comunicativo). 

- A Merry go round (un tíovivo). 

- A hopscotch (unh araiola). 

- A sandbox (areeiro). 

- A bench (banco).






Repensamos tamén o concepto de accesibilidade, dándonos conta de que un parque máis inclusivo beneficia a todas as persoas, non só a persoas con diversidade funcional. 

Ao mesmo tempo, achegámonos a artistas, deportistas e oradores con diversidade funcional para observar as súas grandísimas capacidades. Falamos pois de persoeiros como: 

- Susana Rodríguez Acio (triatleta).


- Bethany Hamliton (surfista).


- Sevy Eicher (pintora).


- Ryusei Ouchi (patinador).











No hay comentarios:

Publicar un comentario

Let's change it! - CreaVisual en 3º e 4º

Ao longo de todo o curso, no ámbito CreaVisual, o alumnado do 2º ciclo traballou a través dos distintos medios de comunicación e de pequenas...