No noso proxecto deste ano sobre as 3R (reduce, recycle and reuse), o noso alumnado descubriu que pequenos xestos poden contribuir a coidar o medio ambiente mentres desenvólvese a súa creatividade. Ademais, emprenderon unha viaxe artística polos continentes, coñecendo e afondando no noso artista ´´El Anatsui´´ sendo éste o mais representativo pola súa reutilización de chapas de botellas nas súas obras.
Coma broche final deseñaron e elaboraron as súas propias chapas contacontos e chapas pins onde combinaron a súa imaxinación e expresión artística e reutilización de materiais. Estes pequenos obxectos convertíronse nun recurso que se ofreceu a venda no noso VI congreso.

No hay comentarios:
Publicar un comentario