martes, 24 de junio de 2025

CREAVISUAL NOS ANANOS DE INFANTIL - CURSO 2024-2025


    Este ano, no ámbito de creavisual, comenzamos a nosa aventura tendo a oportunidade de

aprender sobre diferentes tipos de cámaras: as exploramos, vimos as súas diferenzas e usos.

    Creamos a nosa propia cámara con materiais reciclados.

    No segundo trimestre centrámonos nos retratos, partindo do conto “A foto perfecta”.

    Traballamos os retratos nos diferentes escenarios das profesións, traballando a igualdade;

creamos os nosos retratos decorando a nosa foto, debuxando nas pantallas transparentes aos

nosos compis ou facendo puzles de caras. Empregamos a cámara creando familias no

minimundo e fixemos unha árbore familiar cos retratos que pedimos nas nosas casas.

    Escollemos tamén o noso escenario favorito do cole para sacar unha foto de retrato que

formaría parte do cubo expositor no Congreso.

    Finalmente participamos no Congreso EducODS mostrando todo o aprendido ás persoas que

viñesen a ver o noso gran traballo. Foi todo un éxito!

    Aquí podemos ver un vídeo resumo con fotos de todo o que fixemos:



No hay comentarios:

Publicar un comentario

FOTOGRAFIANDO ARREDOR DE TUI

Durante este curso 2024/25 no ámbito CreaVisual traballamos sobre o mundo da fotografía. No primeiro trimestre traballamos conceptos relacio...