Durante este curso 2024/25 no ámbito CreaVisual traballamos sobre o mundo da fotografía.
No primeiro trimestre traballamos conceptos relacionados coa fotografía: luz, encadre, composición... Tamén coñecimos a varios expertos que nos adentraron este mundo, compartindo pinceladas sobre que precisamos para sacar unha boa foto.
Deste xeito, comezamos a elaborar fotografías de diferentes tipos: retratos, recreación de fotos e minimundos, espazos baleiros...
Durante o segundo trimestre adentrámonos no mundo dos retratos. Para iso, precisábamos coñecer ás persoas que ían ser fotografiadas. Por iso, lanzámonos á rúas, visitando o mercado e distintos oficios de Tui onde pudimos fotografiar os retratos de distintas persoas da nosa cidade.
Para rematar a nosa tarefa, no terceiro trimestre presentamos as nosas exposicións para o V Congreso EDUCODS. Ademais destas exposicións, tamén presentamos algúns xogos sobre fotografía que realizamos durante o curso: cameras in history; timeline; small eyes, big photos...













No hay comentarios:
Publicar un comentario