martes, 25 de junio de 2024

Crea visual en 5º e 6º de primaria

 Este ano no ámbito crea visual traballamos os ODS 9 e ODS 10 que se refiren á industria, innovación e infraestrutura e á redución de desigualdades respectivamente. 

Durante o primeiro trimestre, traballamos as barreiras arquitectónicas presentes na no ámbito municipal, ademais de coñecer como nomealas en inglés. Tamén experimentamos Tui en cadeira de rodas, para vivenciar de primeira man se a nosa cidade é accesible ou non..  

Durante a tarefa, elaboramos posters informativos sobre as barreiras presentes en Tui que demos a coñecer a comunidade educativa. Para elaboralos, o alumnado utilizou os seus computadores e a ferramenta dixital Canva. 

Tamén aproveitamos a ocasión para traballar o uso de tradutores lingüísticos e de dicionarios, así como a importancia de ler as distintas entradas e acepcións do dicionario para emprgar a palabra máis axeitada en cada caso. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creavisual 1º ciclo - Aprendemos a coidar o noso planeta

 No noso proxecto deste ano sobre as 3R (reduce, recycle and reuse), o noso alumnado descubriu que pequenos xestos poden contribuir a coidar...