viernes, 26 de junio de 2026

Creavisual 1º ciclo - Aprendemos a coidar o noso planeta

 No noso proxecto deste ano sobre as 3R (reduce, recycle and reuse), o noso alumnado descubriu que pequenos xestos poden contribuir a coidar o medio ambiente mentres desenvólvese a súa creatividade. Ademais, emprenderon unha viaxe artística polos continentes, coñecendo e afondando no noso artista ´´El Anatsui´´ sendo éste o mais representativo pola súa reutilización de chapas de botellas nas súas obras.

Coma broche final deseñaron e elaboraron as súas propias chapas contacontos e chapas pins onde combinaron a súa imaxinación e expresión artística e reutilización de materiais. Estes pequenos obxectos convertíronse nun recurso que se ofreceu a venda no noso  VI congreso.  

 





 

jueves, 25 de junio de 2026

CREAVISUAL INFANTIL. CURSO 2025-26


Durante o curso 2025-2026, no ámbito de Creavisual, convertémonos en auténticos artistas e emprendedores comprometidos co coidado do medio ambiente. Aprendemos a importancia da reciclaxe, identificando en que contedor debe depositarse cada residuo e reflexionando sobre a necesidade de reducir, reutilizar e reciclar.

Empregando materiais de refugallo, demos unha segunda vida a moitos obxectos e creamos diferentes produtos, como botellas da calma e chaveiros, demostrando que a creatividade pode transformar os residuos en algo útil e fermoso.

Tamén nos achegamos ao mundo da arte a través de artistas como Andy Warhol e Alejandro Durán, realizando creacións inspiradas nas súas obras. Entre os traballos destacan propostas de land art, fotografías de elementos cotiás e autorretratos.


Como peche do proxectos, creamos a cooperativa Ecofantasy, a través da cal puxemos á vendas as nosas creacións. Grazas ao noso esforzo e traballo en equipo, os beneficios obtidos foron destinados a asociación ASANOG (Asociación de cancro infantil e xuvenil de Galicia), contribuíndo así a unha causa solidaria.




Creavisual 1º ciclo - Aprendemos a coidar o noso planeta

 No noso proxecto deste ano sobre as 3R (reduce, recycle and reuse), o noso alumnado descubriu que pequenos xestos poden contribuir a coidar...