viernes, 23 de junio de 2023

COÑECENDO A ARCIMBOLDO

Este segundo trimestre, no ámbito CREAVISUAL, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria adentráronse na figura de Giuseppe Arcimboldo. Este artista milanés do século XV foi moi famoso polo seu peculiar xeito de pintar retratos, usando elementos vexetais, animais e obxectos da vida cotiá para representar os rasgos das persoas. Como proxecto creamos a nosa propia versión da serie "As catro estacións" do pintor italiano.

Cada grupo fíxose cargo dunha estación: SPRING (primaveira), SUMMER ( verán), AUTUMN (outono) e WINTER (inverno). Repasamos os nomes dos elementos propios de cada unha en inglés (pumpkin, grapes, wood, flowers...) ó mesmo tempo que buscamos imaxes para recortar e conformar os nosos simpáticos retratos. Finalmente, preguntámonos qué clase de emocións nos inspiran este tipo de imaxes e arte: happiness, strangeness, curiosity, fear...



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Creavisual 1º ciclo - Aprendemos a coidar o noso planeta

 No noso proxecto deste ano sobre as 3R (reduce, recycle and reuse), o noso alumnado descubriu que pequenos xestos poden contribuir a coidar...