O ámbito Crea Visaul de 1º e 2º de primaria lévase a cabo na
Biblioteca do cole.
ACTIVIDADES QUE FIXEMOS DURANTE ESTAS SESIÓNS DE COHESIÓN DE GRUPOS.
1. CÍRCULOS(PRÁCTICAS RESTAURATIVAS). Os círculos crean comunidade, igualdade, seguridade e confianza, axudan a construir conexións e pertenza ao grupo.
Para levar a cabo os cículos son
necesarias tres cousas:
OBXECTO FACILITADOR : Neste caso utilizamos unha pelota.
GUÍA: a mestra.
PREGUNTAS:As preguntas escollidas par traballar ao longo destas
catro sesións foron 8 dúas para cada día.
- Se foras un animal que animal
serías?
- Cal é o teu xogo favorito?
- Se foras de viaxe a lúa a quen levarías
contigo?
- Cal é a tua película favorita?
- Como che gustan que sexan os teus
amigos?
- Cal foi a túa viaxe favorita?
- Cal é a túa chuche favorita?
2. XOGOS. Son xogos deseñados paar coñecernos máis e trballar as miradas positivas.
"TRAER UN OBXECTO ESPECIAL QUE FALE DE TI".
Cada nen@ trae un obxecto especial da súa casa e o expón ao resto dos compañeir@s.
" SILUETAS POSITIVAS".
Cada nen@ debuxa as siluetas das súas mans. As máns de cada nen@ van rotando por todos os compañeir@s e cada compañeir@ debe escribir unha cualidade ou característica positiva.
En equipo empregamos a Estructura "Folio Xiratorio" para elaborar os murais, o acabar nos avaliamos .
No hay comentarios:
Publicar un comentario