martes, 27 de junio de 2023

CreaVisual no III Congreso EDUODS

Deixamos algunhas fotos das actividades que prepararon os nosos rapaces no ámbito CreaVisual neste III Congreso EDUODS que se celebrou no Pavillón do IES San Paio de Tui.








Hannah Höch

Durante o segundo trimestre deste curso 2022/2023, en 2º de Educación Primaria coñecimos a unha artista contemporánea que intentou facerse un oco dentro do mundo artístico dos homes. Trátase de Hannah Höch, unha muller moderna para o seu tempo e especialista en collage dadaísta e fotomontaxe.

Tras investigar sobre a súa traxectoria, metímonos na súa pel, converténdonos en collagistas empregando diferentes materiais e imaxes.






viernes, 23 de junio de 2023

ECOPATROL

 No terceiro trimestre, para o ámbito CREAVISUAL, os nenos e nenas de e de primaria crearon a primeira patrulla de superhomes e supermulleres para combater os perigos que afectan ó noso medioambiente: a ECOPATROL.

Como auténticos  artistas profesionais do mundo do cómic e a animación, deseñaron os seus propios heroes, cada un cos seus propios poderes e destrezas, que empregan sen dubidalo cada vez que a contaminación, a caza ilegal ou incendios forestais asolan o planeta. Como por exemplo "Captain Seed", quen repobla de sementes os campos ermos tras un desastre forestal, ou Mr. Recycle, coa habilidade de reciclar toneladas de residuos á vez cos seus poderes. Facendo gala da súa portentosa imaxinación, deseñaron o seu personaxe ó detalle, co seu patrón de cores, características e aparencia. Máis tarde, puxéronse literalmente mans á masa, e facendo uso de pasta de modelar, fixeron realidade a súa proposta, traendo os seus deseños ás tres dimensións.

Deste xeito reflexionamos sobre cómo a arte pode axudar a natureza, sexa usando materiais naturais para realizar obras artísticas ou creando historias que promovan os valores de coidado e protección do medio ambiente.



COÑECENDO A ARCIMBOLDO

Este segundo trimestre, no ámbito CREAVISUAL, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria adentráronse na figura de Giuseppe Arcimboldo. Este artista milanés do século XV foi moi famoso polo seu peculiar xeito de pintar retratos, usando elementos vexetais, animais e obxectos da vida cotiá para representar os rasgos das persoas. Como proxecto creamos a nosa propia versión da serie "As catro estacións" do pintor italiano.

Cada grupo fíxose cargo dunha estación: SPRING (primaveira), SUMMER ( verán), AUTUMN (outono) e WINTER (inverno). Repasamos os nomes dos elementos propios de cada unha en inglés (pumpkin, grapes, wood, flowers...) ó mesmo tempo que buscamos imaxes para recortar e conformar os nosos simpáticos retratos. Finalmente, preguntámonos qué clase de emocións nos inspiran este tipo de imaxes e arte: happiness, strangeness, curiosity, fear...



Let's change it! - CreaVisual en 3º e 4º

Ao longo de todo o curso, no ámbito CreaVisual, o alumnado do 2º ciclo traballou a través dos distintos medios de comunicación e de pequenas...