domingo, 29 de noviembre de 2020

TAREFA 1de 1º e 2º de primaria: " O PLANETA TERRA NECESITA AXUDA"

A primeira tarefa do Ámbito Creavisual fíxose ao longo do primeiro trimestre.

Tod@s os nen@s de primeiro e segundo de primaria deixaron a súa pegada no Ámbito Creavisual.

                                     Estes son os pasos que seguimos para realizar a tarefa:


Para comezar a tarefa nun mural colaborativo tod@s apuntan as súas ideas.







Descubrimos que O Planeta Terra ten problemas , vemos imaxes que amosan problemas no noso Planeta.


Plásticos, lume, hábitats destruidos, fumes, illas de lixo nos oceános.....

Buscamos información en libros e cada equipo empregando a estructura cooperativa do "Folio Xiratorio" selecciona imaxes para pegar nun organizador gráfico para darlle resposta a pregunta 

"Sabías que ....o Planeta Terra está un pouco maliño?"








Coñecemos a  María Miranda escritora do libro "Os Mellizos Luna", facemos unha videochamada en directo con ela.








                          María nos invita  a ver o book trailer do seu libro.




 Comentamos o book trailer e compartimos con ela todo o que acabamos de descubrir sobre o noso Planeta .
     María encoméndanos unha misión: 

"Crear story tellings coa mensaxe de coidar o Planeta e así poder compartir con moita xente e contaxiar as ganas de  buscar posibles solucións aos problemas do noso Planeta" .


Quedamos coa escritora para a seguinte semana, ela nos contará a súa historia dos Mellizos Luna completa e cada equipo fará un story telling para poder ser ela a primeira en escoitar as historias.

                                                                  GRAZAS MARÍA!!



Cada equipo crea o seu story telling.

 Cada Story Telling está formado por catro partes: Lugar, Personaxes, Acción e Final con Posible Solución.

Cada membro do equipo aporta ideas e entre tod@s deciden. (Estructura Cooperativa : Lápis ao centro)



É o momento de que cada equipo faga as ilustracións das historias. Primeiro a debuxar e despois decorar con fíos, papeis de cores, pegatinas, gomets, purpurina, ... Para decidir que parte ilustra cada membro do equipo se utiliza a Estructura Cooperativa de "Lápis ao centro."

O cuarto día contactamos con María Miranda, chega o memento de contarlle as nosas historias e de escoitar o Conto dos Mellizos Luna .



María nos invita a que sigamos traballando e nos anima a poñerlle unha portada e un título a cada historia e despois que lle saquemos fotos a cada ilustración e lle insertemos un audio , si facemos todo isto as nosas historias podemos subilas a youtube e compartilas con todo o mundo que nos queira escoitar. Encantounos a idea!!!

Asique nos puxemos maos a obra a portada fixémola dixital coa APPP Pic Collage .


Antes de despedirse María nos dixo que había un paquete moi especial en secretaría... Fomos a por el y dentro había dous exemplares do conto "Los Mellizos Luna", para a nosa biblioteca e cunhas dedicatorias super chulas!!






Despois de facer as portadas , sacamos fotos as ilustracións e gravamos as voces.
Cada equipo foi transformando o seu Story Telling nun Audio Story Telling!!!

E este é o resultado!!

   "STORY TELLINGS 1º DE PRIMARIA"


"A ILLA DE OURO"

CREADORES E ILUSTRADORES: XOEL, MARIO V. , MARIO R., RODRIGO 


"A FAMILIA SALVAMUNDOS".

CREADORES E ILUSTRADORES: ALMA, JARA, ALONSO E IAN.



"MÁIS ALÓ DO IKEA".

CREADORES E ILUSTRADORES: PEDRO,MATEO,MARC E ALEX.




"O DINOBAILE".

CREADORES E ILUSTRADORES: MARTÍN, MARÍA, SOPHIE E HUGO.


"O BOSQUE DO MUNDO".

CREADORES E ILUSTRADORES: UXÍA, KEVIN E HERNÁN".


"O GORILA ROSA E O MONO AZUL".

CREADORES E ILUSTRADORES: ERIC, MANUELA, IRIA E LUCAS.


"STORY TELLINGS 2º DE PRIMARIA"


"O CÍRCULO DO BOSQUE".

CREADORES E ILUSTRADORES:DAVID, MATILDA , LEO E VICKY".



"OS DESEXOS DE OUTONO".

CREADORES E ILUSTRADORES: NICO, SALMA , AINARA E MARÍA.



"O RESCATE NA SELVA ARCAM".

CREADORES E ILUSTRADORES: IRIA, AINARA, AINOA E XAVI..



"O SUPER PODER DO XEO".

CREADORES E ILUSTRADORES: ÁNGELA, JAVI, MARTÍN E GAIA".



"O MONTE ALOIA".

CREADORES E ILUSTRADORES: VEGA, PAULO, SOFÍA E CARMEN".






"FESTA EN PORTO RICO".

CREADORES E ILUSTRADORES: MARIELA, LAUTARO,MIGUEL E TATI".









domingo, 1 de noviembre de 2020

Dinámicas de cohesión para 3º e 4º de primaria nos diferentes ámbitos

 A comezos de Outubro fixemos co alumnado propostas de diversas dinámicas de cohesión na aula de 3º de primaria. A duración das mesmas foron de catro sesións.

ACTIVIDADES

Martes, 22 de Setembro

PELOTA IMAXINARIA (20-30 minutos): Formamos un gran círculo. Por quendas e seguindo as agullas do reloxo, preguntóuselle ao alumnado as seguintes cuestións co obxectivo de crear unha boa igualdade e confianza ao grupo. Un exemplo das preguntas foron:

  •          Que é o que che da máis medo?
  •         Que é o que máis che gusta do teu cole?
  •          Que é o que valoras máis dunha persoa?
  •          Se che deran un regalo... que che gustaría?


CORAZÓN PARTÍO BUSCA AO SEU AMIGO: O alumnado debuxou un corazón que logo se rompeu, de forma irregular, pola metade e se colocaron mesturados enriba dunha mesa. Logo, pedíuselle aos nenos/as que colleran unha metade e que buscaran ao compañeiro/a que teña a outra metade, que sería a súa parella para a seguinte dinámica.


ENTREVISTA A UN COMPAÑEIRO/A: Polas parellas anteriores, un neno/a fará de entrevistador e outro de entrevistado (logo intercámbianse os papeis). Esta actividade serve para crear un clima de confianza e de comunicación.

 

IMOS A VENDER!: Esta actividade potencia a imaxinación, expresión verbal e corporal dos nenos/as. Nun folio en branco os nenos/as tiveron que debuxar e pintar un obxecto, logo nunha exposición tiveron que véndelo aos seus compañeiros/as, explicando cal é a súa función, vantaxes, uso, prezo...



Xoves, 24 de Setembro

A MALETA: Cada un dos nenos/as ensinou e expuxo os seus tres obxectos preferidos ao resto da clase, argumentando oralmente o porqué os escolleu e porque son os seus favoritos.

 SILUETAS DAS MANS: Cada neno/a fixo a súa silueta da man, púxolle o nome e decorouna nunha cartolina. O resto puxo nas siluetas alleas algo bonito e positivo (frase cariñosa, debuxo...).

 

CONTO “OS MÚSICOS DE BREMEN”: Primeiramente, fixemos un debate sobre o conto con posibles preguntas:

-          Que pasaría se os animais non traballaran todos xuntos?

-          Credes que é importante ter ilusións na vida como tiñan os animais de converterse en músicos?

-          Se forades un animal... escolleriades vivir na casiña ou ser músico de Bremen? Por qué?

-          Por qué é importante traballar en equipo? Cales son as súas vantaxes?

Logo, vimos o conto:

https://www.youtube.com/watch?v=dk90OZ_nydw&ab_channel=Isabelsanchezcorrea

 

MURAL COOPERATIVO: Por equipos fixeron de forma colaborativa un mural representando os diferentes momentos do conto anterior.


Martes, 29 de Setembro

 COÑECÉMONOS BEN! Os nenos/as cubriron individualmente unha ficha. Logo, unha vez rematada, repartímolas ao azar. Despois cada alumno/a leu a ficha e presentou ao compañeiro/a, sen dicir de quen se trata, os demais tiveron que identificalo.



COMPLETAR ADIVIÑANZAS, REFRÁNS E POEMAS: Déuselle a cada neno/a unha parte dunha adiviñanza, poema... (dividida en 4 ou 3 partes). A actividade consistiu en buscar pola clase aos compañeiros/as que teñen as partes restantes para completar o texto.

 

PERCUSIÓN ENCADEADA: En círculo comezou un neno/a facendo un son de percusión co seu corpo (unha palmada coas mans, ou na cabeza, ou cos pés...), o seguinte alumno/a tivo que facer o son do seu compañeiro/a e engadir un novo...así ata completar entre todos unha melodía.

 

Xoves, 2 de Outubro

COMPI-ESPELLO: Formáronse parellas, un dos dous moveuse lentamente intentando seguir unha melodía e o outro imitarao coma se fora a imaxe dun espello. Despois intercámbianse os roles.

 


XOGOS: Propostos para traballar aspectos positivos cos compañeiros, como as miradas positivas, o respecto, normas...

MÍMICA: Por quendas, díxoselle a un neno que imitara unha acción e o resto da clase tivo que adiviñar de que se tratou.

KIA-HONDO: Para potenciar a expresión corporal. Fixemos un gran círculo, o primeiro participante lanzou un Kiaaa a súa dereita, o que o recibiu continúa con Kiaaa. Logo incorporáronse outros movementos:

 

-          KIA: Palmada e pásase ao seguinte.

-          HONDO: puños cerrados cara adiante con movemento cara abaixo. Cambio de sentido.

-          KUPU KUPU: mans a bolboreta. Saltase un compañeiro/a.

-          HAMSA: Dirixir as mans a quen se quere que siga.

 

Let's change it! - CreaVisual en 3º e 4º

Ao longo de todo o curso, no ámbito CreaVisual, o alumnado do 2º ciclo traballou a través dos distintos medios de comunicación e de pequenas...