miércoles, 21 de diciembre de 2022

Primeira tarefa do ámbito Creavisual

 Comezamos este novo curso cunha nova tarefa do ámbito CreaVisual na que os protagonistas foron os ananos do cole (infantil e 1º de primaria). 

O obxectivo da tarefa foi coñecer as emocións básicas e elaborar ferramentas que nos axudasen a xestionalas. Así pois, elaboramos botellas da calma e as bonecas quitapenas ou "Worry Dolls" procedentes da cultura de Guatemala.

Sen dúbida, foi moi emocionante!

Deixámosvos un vídeo resumo con algunhas das actividades realizadas: 


Bo Nadal!

lunes, 19 de diciembre de 2022

WORRY DOLLS

Coñecer as diferentes culturas que nos arrodean é algo que nos enriquece coma persoas. Por iso, nesta primeira parte do curso, dende o ámbito CreaVisual quixemos mergullarnos en diferentes culturas latinoamericanas, moitas veces esquecidas, e coas que compartimos máis cousas das que pensamos.

Para isto, creamos as Monecas Sacapenas de Guatemala, máis coñecidas no noso ámbito como Worry Dolls, ao empregar a lingua inglesa.

RECOÑECEMOS EMOCIÓNS: nesta primeira parte coñecemos a través de diferentes xogos e propostas de actividades as distintas emocións e centrámonos na que vai ser a que xustifica a creación das nosas worry dolls: o medo.




COÑECEMOS AS MONECAS SACAPENAS: grazas á historia de Anthony Browne coñecemos a historia das monecas, adentrándonos na cultura de Guatemala e descubrindo que pode haber medos que se converten en preocupacións.


CREACIÓN DAS WORRY DOLLS: con diferentes teas e materiais... poñémonos mans á obra! Creamos as nosas worry dolls e axudámonos nos equipos para recortar, debuxar, pegar...



Let's change it! - CreaVisual en 3º e 4º

Ao longo de todo o curso, no ámbito CreaVisual, o alumnado do 2º ciclo traballou a través dos distintos medios de comunicación e de pequenas...