viernes, 17 de diciembre de 2021

DIVERSIDADE E VANGARDA EN SEGUNDO DE PRIMARIA.

 

Para realizar esta tarefa fixémonos expertos en diferentes correntes do arte da vangarda. Coñecimos diferentes artistas e experimentamos con algunhas técnicas para crear carteis inspirados en artistas da vangarda, estes carteis teñen un eixe, a súa temática: A Diversidade.


Estes son os pasos que seguimos

para realizar a tarefa:
















miércoles, 15 de diciembre de 2021

"A DIVERSIDADE DAS VANGARDAS"- 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Este curso 2021-2022 no ámbito Creavisual quixemos ir un pouco más aló.

Baixo o lema do cole "Pensa globalmente e actúa localmente, xuntos somos máis fortes!", creamos obras de arte para manifestar que a diversidade é boa e necesaria na sociedade na que vivimos.

Pero, para ser reinvindicativos, tivemos que investigar un pouco sobre os artistas máis "rebeldes" da historia da arte, os vangardistas! Para crear as nosas obras coas características das Vangardas, aprendemos sobre catro destas: o Expresionismo, o Dadaísmo, o Surrealismo e o Pop-Art.

Unha vez que xa sabiamos todo sobre estas Vangardas... púxemonos mans a obra!

Velaquí vos deixamos o resultado final de cada un dos grupos, a través dun vídeo que recolle tamén un manifesto reinvindicando a diversidade e que Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) traballamos este trimestre!



E se queredes ver como continuamos manifestándonos e reinvindicando, estade atentas e atentos ao próximo trimestre!

Let's change it! - CreaVisual en 3º e 4º

Ao longo de todo o curso, no ámbito CreaVisual, o alumnado do 2º ciclo traballou a través dos distintos medios de comunicación e de pequenas...