miércoles, 25 de junio de 2025

FOTOGRAFIANDO ARREDOR DE TUI

Durante este curso 2024/25 no ámbito CreaVisual traballamos sobre o mundo da fotografía.

No primeiro trimestre traballamos conceptos relacionados coa fotografía: luz, encadre, composición... Tamén coñecimos a varios expertos que nos adentraron este mundo, compartindo pinceladas sobre que precisamos para sacar unha boa foto.

Deste xeito, comezamos a elaborar fotografías de diferentes tipos: retratos, recreación de fotos e minimundos, espazos baleiros...











Durante o segundo trimestre adentrámonos no mundo dos retratos. Para iso, precisábamos coñecer ás persoas que ían ser fotografiadas. Por iso, lanzámonos á rúas, visitando o mercado e distintos oficios de Tui onde pudimos fotografiar os retratos de distintas persoas da nosa cidade.







Para rematar a nosa tarefa, no terceiro trimestre presentamos as nosas exposicións para o V Congreso EDUCODS. Ademais destas exposicións, tamén presentamos algúns xogos sobre fotografía que realizamos durante o curso: cameras in history; timeline; small eyes, big photos...
















martes, 24 de junio de 2025

CREAVISUAL NOS ANANOS DE INFANTIL - CURSO 2024-2025


    Este ano, no ámbito de creavisual, comenzamos a nosa aventura tendo a oportunidade de

aprender sobre diferentes tipos de cámaras: as exploramos, vimos as súas diferenzas e usos.

    Creamos a nosa propia cámara con materiais reciclados.

    No segundo trimestre centrámonos nos retratos, partindo do conto “A foto perfecta”.

    Traballamos os retratos nos diferentes escenarios das profesións, traballando a igualdade;

creamos os nosos retratos decorando a nosa foto, debuxando nas pantallas transparentes aos

nosos compis ou facendo puzles de caras. Empregamos a cámara creando familias no

minimundo e fixemos unha árbore familiar cos retratos que pedimos nas nosas casas.

    Escollemos tamén o noso escenario favorito do cole para sacar unha foto de retrato que

formaría parte do cubo expositor no Congreso.

    Finalmente participamos no Congreso EducODS mostrando todo o aprendido ás persoas que

viñesen a ver o noso gran traballo. Foi todo un éxito!

    Aquí podemos ver un vídeo resumo con fotos de todo o que fixemos:



miércoles, 26 de junio de 2024

Let's change it! - CreaVisual en 3º e 4º

Ao longo de todo o curso, no ámbito CreaVisual, o alumnado do 2º ciclo traballou a través dos distintos medios de comunicación e de pequenas camapañas publicitarias, a eliminación de barreiras para facer un colexio e unha cicdade como é Tui máis accesible.

Para iso, saímos a analizar a nosa contorna e sacar fotos, recollendo evidencias dos diferentes elementos e tamén pensando diferentes propostas para minimizar estas desigualdades.



Tras isto, no segundo trimestre centrámonos en coñecer algunhas discapacidades e artistas famosos que, a pesar de ter estas necesidades, conseguiron superalas, converténdose en verdadeiros heroes. Para iso, puxémonos na súa pel, vivenciando con xogos de rol diferentes actividades cotiás como desplazarse ou intentar comunicarse con outras persoas, e despois vivenciando como ser artistas con outras capacidades e habilidades: pintar sen poder ver, empregando os pés ou a boca, memorizando debuxos e intentando debuxalos sen mirar...
Para rematar, fixemos uns pequenos "announcements" onde poñiamos exemplos destas barreiras e propuxemos solucións para minimizar as dificultades e lograra así unha accesibilidade para todos e todas.






martes, 25 de junio de 2024

Creavisual en Educación Infantil. En Tui xogamos todas e todos.

Este curso escolar dende a etapa de Educación Infantil no ámbito de Creavisual contribuimos especialmente ao ODS número 10 (redución das desigualdades). 

Ao comezo do curso escolar, unha das propostas de mellora que o alumnado de infantil presentou no Consello da infancia foi a necesidade dun patio mais inclusivo.  

Por ese motivo, a nosa tarea final foi a creación dun video coa técnica de stop motion no que solicitamos ao alcalde de Tui unha randeeira adaptada a nenas e nenos con mobilidade reducida.




Tui is for everyone

A comezos do mes de xuño celebramos o IV Congreso EDUCODS no Paseo da Corredoira de Tui.

No stand de CreaVisual presentamos diferentes actividades e exposicións dos traballos realizados ao longo de todo o curso por parte do alumnado, tanto de Educación Infantil como de Educación Primaria.

Grazas a isto dimos visibilidade á necesidade de reducir barreiras tanto no centro como na cidade para facilitar a accesibilidade a todas as persoas.

Deixamos algúns exemplos das propostas, esperamos que vos gusten!


















Stopmotion en 5º e 6º

 Durante o terceiro trimestre fixemos un guión sobre os parques prototipados anteriormente explicando que os facía accesibles. 

Posteriormente, deseñamos un background ou (fondo) e fixemos as fotos para o vídeo. Gravamos despois os nosos stop motions coas explicacións. 

De seguido, unha mostra. 














FOTOGRAFIANDO ARREDOR DE TUI

Durante este curso 2024/25 no ámbito CreaVisual traballamos sobre o mundo da fotografía. No primeiro trimestre traballamos conceptos relacio...