martes, 22 de diciembre de 2020

TAREFA 1º CREAVISUAL “Creamos un storytelling”

 1º SESIÓN

A primeira tarefa do Ámbito Creavisual fíxose ao longo do primeiro trimestre. Tod@s os nen@s de 3º e 4º de primaria participaron positivamente nas diferentes sesións para conseguir o seu produto final: crear o seu propio storytelling!!

Estes son os pasos que seguimos para realizar a tarefa:

Primeiramente, coa técnica do folio xiratorio, os nenos/as apuntaron o que crían que ían a facer neste novo ámbito.




No segundo paso, observamos un vídeo de presentación do ámbito: https://www.youtube.com/watch?v=2geHJJE4txA&ab_channel=CEIPN1TUI

Logo, recollemos todos os aspectos importantes nun bubble map.



Observamos un power point que nos dicía que o noso planeta estaba maliño e observamos distintas imaxes negativas que o enfermaban. Como nos fixo reflexionar, logo cubrimos unha rutina de pensamento.





Coa pregunta “¿Como poderiamos mellorar o medio ambiente?” o alumnado debateu e recolleu as respostas en debuxos. Logo, agrupámolos nun gran mural.


Coa visualización dun vídeo no que nos mostraba unha personaxe que sufría coas malas accións cara á natureza, reflexionamos e cubrimos un mapa da empatía!



Realizamos unha choiva de ideas sobre as accións positivas para coidar o noso planeta e revisamos o Panel Scrum que o tiñamos colocado visualmente para todos/as!


 
2º SESIÓN


Visualizamos varios vídeos que nos permitiron entender que era un storytelling:

https://www.youtube.com/watch?v=Hd8y6-gHEpg&ab_channel=DodotEspa%C3%B1a

https://www.youtube.com/watch?v=BA5lqXlK1xE&ab_channel=Prof.WesleydePaula

Comentámolos e recollemos as nosas respostas nunhas fichas de rexistro.



Buscamos información empregando diversos recursos tecnolóxicos como ordenadores ou tablets, coa finalidade de atopar accións positivas para coidar o planeta desde o noso cole. A información atopada escribímola nun flow map e despois comentámola na clase.



Traballando por equipos, creamos entre todos/as uns stopmotions chulísimos, os cales están relacionados coa contaminación, polución ou accións para coidar a Terra. Aquí os tedes!

Stopmotions de 3º de primaria:


Stopmotions de 4º de primaria:

Logo, revisamos e modificamos o Panel Scrum segundo fose preciso.


3º SESIÓN


En equipos fixemos un storyboard que recollía diversos aspectos: reparto das nosas tarefas, é dicir, quen ía ser o debuxante, guionista ou editor; o título do noso storytelling; as accións positivas e negativas que eliximos para representar (axudados polos flow maps da sesión anterior) e, tamén, a nosa planificación, temporalización e secuenciación das escenas do noso futuro storytelling.


Os debuxantes e guionistas, coa axuda dos outros cargos, produciron as imaxes, debuxos así como os guións e textos necesarios para incluír nos storytellings.

1, 2, 3 e...acción! Gravamos os distintos storytellings en diversos recunchos do noso patio!


4º SESIÓN

En gran grupo, todos/as observamos os nosos produtos finais! Aquí tedes os nosos storytellings!!

STORYTELLINGS 3º de Primaria:

“Os anticontaminantes”. Javi, Lucía e Aitor.


“Os fans de Goku e o seu gatito salvan ao mundo”. Zaida, Jorge, Sergio T. e Sofía M.



“Supervalentes”. Nora, Alejandro e Samira.


“Os super saiyans”. Martín, Awa e Telmo.


https://drive.google.com/file/d/1bHNAr3Hm-oJK7OgkL8k0A0oMlwO1CxQ-/view?usp=sharing 

“Uns nenos salvan a natureza”. Valeria, Breixo, Uxía e Tiziano.

“Naturalistas en acción”. Alys, Roi e Sofía C.


“Súper Natureza”. Álex, Ingrid, Marcos e David.


STORYTELLINGS 4º de Primaria:

“As nenas coidadoras da natureza”. Eliana, Mara, Aroa e Alba.

“As salvadoras do planeta”. Mariña, Lara, Carolina e Mónica.


“Os exploradores do mundo”. Andrea, Aarón, Iria e Leire.

“A batalla da Terra”. Iria, Samu, Miguel e Meryen.

“Accionistas que coidan a Terra”. Noor, Naím e Vera.

“Os tres combatentes apoiando a reciclaxe”. Noa, Íker e Valeria.


“Os super incontaminantes”. Diego e Mateo



Creamos uns gran murais cooperativos sobre todas as cousas que aprendemos para coidar o medio ambiente.


Fixemos, primeiramente nunha ficha, unha nube de palabras que consistiu en poñer todas as palabras sobre que nos pareceu esta tarefa do ámbito. Logo, coa axuda dos ordenadores e tablets accedemos á  aplicación Wordart e deseñamos a nosa propia nube.


Por último, completamos o Panel Scrum e autoavaliamos o plan de traballo, polo que cubrimos a escaleira da metacognición.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

Let's change it! - CreaVisual en 3º e 4º

Ao longo de todo o curso, no ámbito CreaVisual, o alumnado do 2º ciclo traballou a través dos distintos medios de comunicación e de pequenas...