martes, 22 de diciembre de 2020

TAREFA 1º CREAVISUAL “Creamos un storytelling”

 1º SESIÓN

A primeira tarefa do Ámbito Creavisual fíxose ao longo do primeiro trimestre. Tod@s os nen@s de 3º e 4º de primaria participaron positivamente nas diferentes sesións para conseguir o seu produto final: crear o seu propio storytelling!!

Estes son os pasos que seguimos para realizar a tarefa:

Primeiramente, coa técnica do folio xiratorio, os nenos/as apuntaron o que crían que ían a facer neste novo ámbito.




No segundo paso, observamos un vídeo de presentación do ámbito: https://www.youtube.com/watch?v=2geHJJE4txA&ab_channel=CEIPN1TUI

Logo, recollemos todos os aspectos importantes nun bubble map.



Observamos un power point que nos dicía que o noso planeta estaba maliño e observamos distintas imaxes negativas que o enfermaban. Como nos fixo reflexionar, logo cubrimos unha rutina de pensamento.





Coa pregunta “¿Como poderiamos mellorar o medio ambiente?” o alumnado debateu e recolleu as respostas en debuxos. Logo, agrupámolos nun gran mural.


Coa visualización dun vídeo no que nos mostraba unha personaxe que sufría coas malas accións cara á natureza, reflexionamos e cubrimos un mapa da empatía!



Realizamos unha choiva de ideas sobre as accións positivas para coidar o noso planeta e revisamos o Panel Scrum que o tiñamos colocado visualmente para todos/as!


 
2º SESIÓN


Visualizamos varios vídeos que nos permitiron entender que era un storytelling:

https://www.youtube.com/watch?v=Hd8y6-gHEpg&ab_channel=DodotEspa%C3%B1a

https://www.youtube.com/watch?v=BA5lqXlK1xE&ab_channel=Prof.WesleydePaula

Comentámolos e recollemos as nosas respostas nunhas fichas de rexistro.



Buscamos información empregando diversos recursos tecnolóxicos como ordenadores ou tablets, coa finalidade de atopar accións positivas para coidar o planeta desde o noso cole. A información atopada escribímola nun flow map e despois comentámola na clase.



Traballando por equipos, creamos entre todos/as uns stopmotions chulísimos, os cales están relacionados coa contaminación, polución ou accións para coidar a Terra. Aquí os tedes!

Stopmotions de 3º de primaria:


Stopmotions de 4º de primaria:

Logo, revisamos e modificamos o Panel Scrum segundo fose preciso.


3º SESIÓN


En equipos fixemos un storyboard que recollía diversos aspectos: reparto das nosas tarefas, é dicir, quen ía ser o debuxante, guionista ou editor; o título do noso storytelling; as accións positivas e negativas que eliximos para representar (axudados polos flow maps da sesión anterior) e, tamén, a nosa planificación, temporalización e secuenciación das escenas do noso futuro storytelling.


Os debuxantes e guionistas, coa axuda dos outros cargos, produciron as imaxes, debuxos así como os guións e textos necesarios para incluír nos storytellings.

1, 2, 3 e...acción! Gravamos os distintos storytellings en diversos recunchos do noso patio!


4º SESIÓN

En gran grupo, todos/as observamos os nosos produtos finais! Aquí tedes os nosos storytellings!!

STORYTELLINGS 3º de Primaria:

“Os anticontaminantes”. Javi, Lucía e Aitor.


“Os fans de Goku e o seu gatito salvan ao mundo”. Zaida, Jorge, Sergio T. e Sofía M.



“Supervalentes”. Nora, Alejandro e Samira.


“Os super saiyans”. Martín, Awa e Telmo.


https://drive.google.com/file/d/1bHNAr3Hm-oJK7OgkL8k0A0oMlwO1CxQ-/view?usp=sharing 

“Uns nenos salvan a natureza”. Valeria, Breixo, Uxía e Tiziano.

“Naturalistas en acción”. Alys, Roi e Sofía C.


“Súper Natureza”. Álex, Ingrid, Marcos e David.


STORYTELLINGS 4º de Primaria:

“As nenas coidadoras da natureza”. Eliana, Mara, Aroa e Alba.

“As salvadoras do planeta”. Mariña, Lara, Carolina e Mónica.


“Os exploradores do mundo”. Andrea, Aarón, Iria e Leire.

“A batalla da Terra”. Iria, Samu, Miguel e Meryen.

“Accionistas que coidan a Terra”. Noor, Naím e Vera.

“Os tres combatentes apoiando a reciclaxe”. Noa, Íker e Valeria.


“Os super incontaminantes”. Diego e Mateo



Creamos uns gran murais cooperativos sobre todas as cousas que aprendemos para coidar o medio ambiente.


Fixemos, primeiramente nunha ficha, unha nube de palabras que consistiu en poñer todas as palabras sobre que nos pareceu esta tarefa do ámbito. Logo, coa axuda dos ordenadores e tablets accedemos á  aplicación Wordart e deseñamos a nosa propia nube.


Por último, completamos o Panel Scrum e autoavaliamos o plan de traballo, polo que cubrimos a escaleira da metacognición.











lunes, 21 de diciembre de 2020

Os Storytellings do grupo de 5º EP

Aquí temos parte das historias creadas polo grupo de 5º de EP. Historias cheas de ilusión, de maxia, de imaxinación. Esperamos que as difrutedes!

A aventura do plástico. Martín M. Victoria e Iria de 6º B. #ST

Fantrástica historia a que nos propón este equipo de 6º curso de EP. E, sobre todo, cun final para relfexionar. Estamos sendo cómplices da contaminación cada vez que ímos o supermercado?.

Pon a mascarilla! María, Sabela e Xián P. de 6º de EP. #ST

Enfocado a un público de rapaces ata os 12 anos, este grupo decidiu utilizar o xogo de moda, o coñecido como "Among Us", para captar a atención dos seus espectadores. A mensaxe, unha vez máis, procurar concienciar sobre o uso da máscara nesta época de pandemia. 


Por unha praia limpa. Javier, Luis, Alegra e África V de 5º EP. #ST

Creedes que se pode incluír o martelo de Thor e un megalodón nunha historia sobre coidado do medio ambiente? Pois claro que si! O obxectivo?...non tirar lixo na praia. Moito ollo! cometer este erro pode ser ademais de perxidicial, moi perigoso.

Pepino-19. Telma, Juan, Daniel J. e Caetano de 5º EP. #ST

Esta rocambolesca historia, cun claro toque satírico, utiliza o humor como arma de comunicación. Personaxes fantásticos, pero con pinceladas de realidade, e quilos e quilos de retranca. Todo mesturado nun cóctel cun mensaxe claro para combater a Covid-19 máis as emocións que poda provocar en quen o padece. 


Maltrato pantasmal. Naroa, Martín, Xabi e Aldara de 5º EP. #ST

Mesturar a ciencia ficción e o mensaxe social pode vonverterse nunha ferramenta de impacto para o público obxectivo. Esta historia convértese nun canto en contra da caza e o sufrimento animal. Iso si, cun toque pantasmal. 


martes, 15 de diciembre de 2020

Se reciclas, o planeta coidarás. Nayara, Antía e Pablo de 6º A. #ST

A reciclaxe e o coidado do planeta foi unha das temáticas máis elexido polos participantes de 3er ciclo de EP do Ámbito Creavisual para os seus Storytellings. O coidado do medio, a reciclaxe ou reutilizar son termos moi usados e anclados no alumnado do CEIP Nº 1 de Tui. 

Esta peza, destinada a un público adulto, en concreto a persoas de entre 25 e 45 anos, fai fincapé nos hábitos de consumo da poboación, moi habituada ó "tirar e comprar". Esta peza estivo influenciada polo visionado da obra de Steve Cutts sobre a sociedade de consumo actual que podedes encontrar na presentaciónincluida neste blogue. Como veredes, utiliza elementos propios da vida adulta, como o consumo tecnolóxico, para conectar co público. 


Cóntao. Nina, Lúa, Martín P. e Simón de 6º A. #ST

Esta curta, enfocada a un público adolescente, concretamente a rapazada de entre 15 e 18 anos, trato a temática do acoso escolar cunha mensaxe sinxela, pero cun título que cohesiona o discurso audiovisual. Procura xerar emocións e sentimentos (raiba, tristeza, inseguridade) que conecten con este público obxectivo, en busca da empatía para facer chegar esta mensaxe en pro da convivencia. 


"O planeta, en perigo!" . Negussie, Álvaro e Candela de 6ºA. #ST

Este Storytelling está enfocado a un público infantil, a cativos e cativas entre os 5 e os 10 anos. Por ese motivo conta con personaxes fantásticos, elementos de aventura, robots,  e outros aspectos para conectar co público infantil. Como mensaxe, o coidado do Ártico. 

O Storytelling, da publicidade á comunicación social.

Nos cursos de 5º e 6º de EP do noso centro, hemos empregado a ferramenta do Storytelling como estrtaexia para contar historias, reflexionar sobre as partes que as compoñen e como xerar mensaxes con calado no público. 

Aquí vos deixamos unha presentación con algunas das claves da tarefa. 



Let's change it! - CreaVisual en 3º e 4º

Ao longo de todo o curso, no ámbito CreaVisual, o alumnado do 2º ciclo traballou a través dos distintos medios de comunicación e de pequenas...